Friday 26 de April de 2024

O alcanzar un acordo coa propiedade para permitir a realización de actividades municipais na Terraza é o camiño máis curto e fiable ademais do menos oneroso


Lastrar os orzamentos con máis persoal e infraestruturas cando están pendentes outras moito máis relevantes non ten sentido neste momento.

Para a candidata á Alcaldía de Sada polo Partido Popular a fórmula idónea para o mantemento do edificio e desenvolvemento de actividades culturais no é o convenio coa propiedade.

“Xa o manifestamos fai cinco meses cando se suscitou a polémica sobre o fin da concesión” manifestou Esperanza Arias.

“Ao noso xuízo o Concello pode obter o que se pretende do edificio sen ter quecargar cos custos do seu mantemento e funcionamento diario, evitándose as correspondentes partidas orzamentarias, especialmente a concernente a persoal” engadiu.

“Mesmo, pódense prever no devandito convenio soluciones ás distintas casuísticas en caso de finalización dese convenio sobre o destino final do inmoble”

O Partido Popular de Sada non considera un fin razoable en si mesmo o facerse cun inmoble, senón o uso ou destino que se lle pensa dar ao mesmo e isto é o que habería previamente que definir.

“Desde logo isto é o que faremos no mes de Xuño, tras as eleccións municipais , falar coa propiedade e negociar un convenio que satisfaga a ambas as partes, que permita a utilización do edificio da terraza para as actividades culturais que prevemos no noso programa electoral” concluíu a Presidenta do Partido Popular de Sada.